ir solicitando documentación decembro 17

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR a TOULOUSE.
Profesor : Javier Villaverde.
Data: 21 de decembro 2017.
Nota para as familias dos alumnos de 2º de ESO para iniciar os trámites de autorización de participación na actividade.

Neste momento xa temos un listado formal de alumnos que teñen intención de participar na actividade do Departamento en Toulouse do 22 ó 25 de febreiro.

Fixemos unha actividade de venta de produtos navideños e rifas dunha viaxe e pagamos no centro 90 € en concepto de 1º Pago.

Quedan prazas libres, polo que se algunha familia quere anotar ó seu fillo uo filla, aínda pode facelo. Pagaremos o segundo prazo na semana do 15 ó 19 de xaneiro.

Xunto con esta nota vai un talonario de Rifas para unha viaxe familiar, agasallo da axencia de viaxes, Viajes Deza, ós alumnos participantes. Non hai que ingresar nada no instituto, polo que a venda é totalmente voluntaria, de feito haberá mais talonarios para repartir se queredes.

O mais importante é comezar o procedemento de autorizacións para acompañantes dos menores no estranxeiro.

Antes do 1 de febreiro deberiamos ter confirmación no Instituto de que dispoñedes de dous documentos:

1 - Autorización para saída ó estranxeiro.
2 - Tarxeta sanitaria europea.

Explícovos como se tramitan.

1 – Saída ó estranxeiro acompañado. Na páxina web indicada e haberá copia na Conserxería do centro:


Tedes que cubrir un documento de autorización, asinado por pai e nai ( segundo a circunstancia de cada familia) e tramitalo no Cuartel da garda Civil de A Guarda. Xa indica no documento que é necesario levar os DNI de todos e o libro de familia.
(Non teñen que ir os dous, pero si firmar os dous).

Os datos dos profesores acompañentes son:
Javier Villaverde Vayá 35311761.
Pablo Varela Pardo 33316552.
Rosalina Domínguez Muíños 35301038.

(Se vos parece ben,poñede ó titor do grupo e ó profesor Javier).


2 – Directamente na web da Seguridade social xestiónse a autorización de atención médica no estranxeiro:


Hai que rellenar un formulario e vos envían a casa en 15 días a Tarxeta Sanitaria Europea, que autoriza a atención nos centros de asistencia en Francia.

Para fillos de funcionarios públicos hai que pedir unha autorización en Muface e si tedes un seguro médico distinto á seguridade social xestionádeo tamén.

** Cando teñades a autorización na Garda Civil e a Tarxeta Sanitaria Europea deixade unha fotocopia na Conserxería do Instituto, deixaremos un sobre ó efecto.

Mais adiante, nunha reunión no centro, vos entregaremos outro documento de autorización da participación, aceptación de normas e outro de autorización do posible uso da imaxe.

Un saúdo:
javier Villaverde.


A mesma info está en :


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares