1º pago e entrega de rifas

Esta semana pechamos a lista ( polo de agora) e temos que empezar a pagar a viaxe. Vós os 90 € e os produtos navideños e nós as reservas de hotel e as entradas e ós que nos suministraron as cousas de Nadal..
SE alguén aínda non pagou facédeo entre luns e martes, andamos moi liados con evaluacións .
Antes das vacacións entregarei as Rifas que nos da a Empresa Viaxes Deza para todos os participantes. A venta é voluntaria. Á volta, a primeiros de xaneiro, aboaremos os segundos 90 €.
Ademais estade pendentes da documentación necesaria para sair ó extranxeiro. Vos adianto que hai que ir á Garda Civil ( permiso de acompañamento dun menor) e solicitar á seguridade social a tarxeta europea, que mandan por correo e tarda 15 días. Xa lle entregarei unha nota ós alumnos cos detalles e pasarei polo Cuartel, que me queda preto do Insti.
Un saúdo.
javier.

Comentarios

Publicacións populares