autorización familiar

AUTORIZACIÓN PARA A ACTIVIDADE:

VIAXE DIDÁCTICO A TOULOUSE (FRANCIA)
para visitar a Cidade de Espacio e AEROSCOPIA.

ORGANIZA: DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA.

EMPRESAS XESTORAS: Viajes Deza e Autocares Rías Baixas (Pontevedra)

GRUPOS: Alumnado de 2º ESO.
DATAS: 22,23,24 e 25 de febrero de 2018.
PROFESORADO RESPONSABLE:

Javier Villaverde Vayá (tecnoloxía), Pablo Varela Pardo (Tecnoloxía e titor 2ºC) e Rosalina Domínguez Muíños ( Francés e Titora 2ºB).

TELÉFONO DURANTE A ACTIVIDADE: 677689552.

O TELÉFONO e Wastapp do profesor estará á disposición de país e alumnos durante toda a viaxe excepto nos momentos dedicados á comida e descanso. Os alumnos poderán dispoñer do seu teléfono persoal, e deberán evitar o seu uso durante as actividades didácticas, durante a comida e cea colectivas e dende as 11 da noite. O uso indebido do teléfono, especialmente nas habitacións, estará considerado como unha falta grave e podería ocasionar a retirada do equipo.
No autobús no percorrido en España e no hotel disporán de wifi gratuíta.

Breve resume da actividade:

Jueves 22 de febreiro: A GUARDA- TOULOUSE.
Saída as  6:15 do Instituto. Comida en ruta por conta do alumno. Cea en ruta por conta do alumno. Chegada a Toulouse, cara as 22:15 horas.
Venres 23 de febreiro: MUSEO AEROSCOPIA E VISITA CENTRO DE TOULOUSE.
Almorzo e saída do hotel cara a Aeroscopia, Comida por conta do participante na vila de Blagnac. Regreso a Tolousse pola tarde para visitar a Cidade. Cena nun restaurante do centro e volta ós apartamentos. 
Sábado 24 de febreiro: VISITA A CITÉ DE L´ESPACE.
Almorzo e saída do hotel cara á Cité de l´Espace. Almorzo dentro da instalación por conta dos alumnos. Cara as 17:00 voltaremos a Toulouse e daremos un percorrido pola cidade. Cea nun restaurante do centro e regreso ós apartamentos.
Domingo 25 de febreiro: TOULOUSE- A GUARDA.
SaÍda despois de almorzar, sobre las 6:30 horas. Comida en ruta en restaurante concertado. Chegada a A Guarda cara as 23:00.

VOSTEDES DAN O SEU CONSENTIMENTO PARA QUE O ALUMNO /A PARTICIPE NA ACTIVIDADE SINALADA, EXIMINDO AO/Á PROFESOR/A ACOMPAÑANTE DE TODA RESPONSABILIDADE QUE NON SEXA DA SÚA COMPETENCIA.
Extracto da normativa do centro sobre a organización de actividades:
-Os alumnos seguirán en todo momento as indicacións do profesorado acompañante tanto a nivel organizativo como de comportamento.
-Son de plena aplicación en todo tipo de actividade as normas do Regulamento de Réxime Interno do Centro.
-A xefatura de estudos, unha vez recabadas opinións do/a titor/a, profesorado… poderán prohibir a participación nunha actividade a calquera alumno/a implicado/a en problemas disciplinarios dentro do Centro ou que amose absentismo ou abandono.

Polo que, informado das normas e condicións sinaladas:

D./Dna ….........................................................................................,
pai/nai do/a alumno/a …...................................................................
do curso …......................................, autorizo ao meu fillo/a a asistir a esta actividade.

En A Guarda a 25 de xaneiro de 2018.





Asdo. ____________________________



Comentarios

Publicacións populares