reunión 25 xaneiro 20:30

Nota do 22 de xaneiro 2018 para as familias dos alumnos de 2º de ESO para PECHAR A LISTA DE PARTICIPANTES E CONVOCAR REUNIÓN PARA O XOVES DÍA 25 DE XANEIRO.

Reunión:
Día 25 de Xaneiro 2018.
Hora: 20:30 h.
Lugar : Salón de actos do Instituto.

Ola, logo chega a data da viaxe, a menos dun mes. Non foi tan complicado organizala, só nos faltan algunhas xestións sinxelas e pagar un último plazo. Se vos parece o pago será os primeiros días de febreiro, dende o xoves 1 ata o mércores 7. Xusto antes da ponte de Entroido. Non vos esquezades, a xestión dos cartos esixe facer pagos únicos, en datas concretas e, aínda que se disculpan, os retrasos complícanos moitísimo os organizadores a nosa tarea.

De feito, a día de hoxe , martes 23 de xaneiro faltan familias por pagar o segundo prazo. Xa consultei as condicións de anulación da actividade e son moi razoables, apenas xeneran gastos. Se o xoves non estamos ó día de pagos 35 participantes o venres pola mañán anulamos a actividade, procedendo segundo o que acordemos na reunión.

En todo caso repasamos o que queda por facer:


3º plazo : 115 €. ( total coste por alumno 295 € por ser entre 40-50 participantes).

Invitamos a participar na viaxe a 3 ou 4 nenas de 2º de ESO doutros centros, fillas de profesores do centro e amigas. É unha oportunidade para elas e ademais permítenos chegar ó mínimo necesario de participantes.

Xa temos pechada a primeira actividade de Venta de productos navideños. Como resultado da venta de 874 artículos entramos nunha lista de agasallos de 874 puntos. A idea inicial era sortear directamente entre os alumnos participantes os agasallos solicitados.
Dado que a día de hoxe estamos por baixo dos 40 participantes vamos a solicitar os agasallos e facer un sorteo de 2 TABLET e un Mp4 con papeletas de 1€ que se venderán exclusivamente dentro do Instituto, nun posto do corredor de entrada durante os recreos. Na reunión vos contamos os detalles.
Hai 11 alumnos que venderon + de 30 caixas. Terán como agasallo algunhas papeletas (10%) por ter aportado mais da metade do vendido.

Tamén temos que pechar a venta dunha última rifa. Acordamos traer de Toulouse unha caixa de productos da comarca (Marca Maisón Busquets) e facer 999 papeletas. Tocará a 25 papeletas de 1,5 € e un premio de 120-150€. Venta voluntaria, recollida obrigatoria, con coste por talonario de 5€.

Os alumnos que xa non participan na viaxe deben solicitar a devolución dos 90 € e devolver o taco de rifas e os cartos das vendidas de FIN DE SEMANA EN LLANES(ASTURIAS)(50 rifas 1€), pois era agasallo da empresa de Viaxes. Os cartos serán para completar as prazas non ocupadas ata 40.


Xa debería estar avanzado o proceso de autorizacións para acompañantes dos menores no estranxeiro.
Antes do 1 de febreiro deberiamos ter confirmación no Instituto de que dispoñedes de dous documentos:

1 - Autorización para saída ó estranxeiro.
2 - Tarxeta sanitaria europea.

Explícovos como se tramitan. Lembrade:

1 – Saída ó estranxeiro acompañado. Na páxina web indicada e haberá copia na Conserxería do centro:


Tedes que cubrir un documento de autorización no Cuartel da Garda Civil de A Guarda.
Os datos dos profesores acompañentes son:

Javier Villaverde Vayá 35311761.
Pablo Varela Pardo 33316552.
Rosalina Domínguez Muíños 35301038.

2 - Na web da Seguridade social xestiónase a autorización de atención médica no estranxeiro:


Hai que encher un formulario e vos envían a casa en 15 días a Tarxeta Sanitaria Europea, que autoriza a atención nos centros de asistencia en Francia.

Teremos para o xoves a autorización de participación na viaxe, se alguén non pode vir á reunión deberá pasar antes do 1 de febreiro polo Instituto a firmala.

A asistencia á reunión do xoves é moi importante, se algúnha familia non pode estar rógovos que contactedes e deleguedes en algunha outra persoa que sí asista, para ter no instituto confirmación de que vos chega toda a información.


Un saúdo:
Javier Villaverde Vayá.


Comentarios

Publicacións populares