avisos última hora

TELÉFONO e WhatsApp Profesores durante a viaxe ( xa estará operativo dende hoxe luns)    677 689552


Para consultas, comentarios, pagos ou entrega de documentación estaremos no Salón de Actos do Instituto o martes día 20 de 12:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.

1 – Documentación.
2 – Horarios.
3 – Maletas.
4 – Comidas.
5 – Comunicacións.
6 – Seguros.

1 – Documentación.

- É imprescindible levar e ter a man o DNI e a Tarxeta Sanitaria Europea (ou Certificado).

- A autorización familiar quedará no instituto e o Informe policial orixinal levarano os profesores.

2 – Horarios.

- HORA DE SAÍDA AS 6:15 HORAS DO XOVES 22 de febreiro dende a ENTRADA DO INSTITUTO A SANGRIÑA. ( Haberá que estar polo menos 15 minutos antes e presentarse os profesores). A esa hora o Instituto estará pechado.

- HORA DE CHEGADA  a Toulouse cara as 22:00 h. O nome dos apartamentos é Hôtel Première Classe Toulouse Nord.

- HORA DE CHEGADA o domingo 25 cara as 11 da noite.

O luns 26 é día normal de clase para profesores e alumnos.

3 – Maletas.

- Se tes que levar algún medicamento,(sempre con autorización), informa ós profesores, acompáñao da súa caixa, do prospecto e mellor aínda da receita médica.

- Avisa os profesores de intolerancias, alerxias, fobias, propensión ó mareo....

- Levaremos 1 maleta por persoa e unha pequena bolsa ou mochila de man. Un par de bolsas para a roupa usada. Lembra que teremos toallas nos Apartamentos.

- Imprescindible roupa e calzado de abrigo e auga e prendas axeitadas para durmir.

- Nas habitación non está permitido comer nin beber. Tentaremos que as habitacións estean sempre ordenadas, é un espacio común de convivencia.

4       – Comidas.

- A comida do 1º día hay que levala, comeremos nun área de descanso. A última hora da tarde pararemos para cear, tamén deberiamos levalo preparado da casa.

- Os alumnos só deberán pagar os gastos das comidas do venres en Blagnac e do sábado na Cidade do Espacio. Estamos valorando as opcións para o regreso do domingo. Consideramos que 60 Euros por alumno son suficientes para pagar os gastos durante a viaxe.

- Consideramos da maior importancia o comportamento e a educación durante as reunións para almorzar e cear. Os alumnos deberán alimentarse o mellor posible e acompañar os que estén todavía na mesa, ata que todos terminen de cear. Non estarán permitidos os móviles durante as ceas.

5 – Comunicacións. 677 689552 INSTITUTO 886 11 00 60

- O autobús dispón de WIFI durante o traxecto por España (2/3 do percorrido). E haberá tamén no hotel. Sempre estará aberto o WhatsApp DA VIAXE e poderá usalo o alumnado, polo que non é imprescindible que cada alumno teña un teléfono. Non chamedes durante as actividades (pola mañán), durante a cea nin despois das 23:00.

- Intenten manter abertos durante a viaxe as canles habituais de comunicación co instituto (teléfonos), por si hai que localizalos por algunha incidencia.

6 – Seguros.

Queda na conserxería do Instituto copia da póliza de seguros da viaxe (Viaxes Deza) e do seguro de actividades de alumnos da Anpa.

LEA ESTAS NORMAS CO SEU FILLO OU FILLA PARA QUE SEXAN DE COMÚN ACORDO E NORMAL APLICACIÓN DURANTE A ACTIVIDADE.


Os profesores. Luns 19 de febreiro 2018.

Comentarios

Publicacións populares