texto da web e sorteos
Este é o texto da páxina web do Instituto.
Un saúdo Javier Villaverde.
VIAXE A TOULOUSE E CITÉ DE L´ESPACE
DOS ALUMNOS DE 2º DE ESO DO IES A SANGRIÑA
DATAS: DO XOVES 22 Ó DOMINGO 25
DE FEBREIRO DE 2018.
CURSOS: 2º ESO – 33 ALUMNOS DO
CENTRO E TRES INVITADAS ( Ana , mariña e
Aixa).
PROFESORES: Acompañaron ós
alumnos os profesores de tecnoloxía JAVIER e PABLO (titor de 2ºC) e a profesora ROSALINA (titora
de 2ºB e profesora de francés)
Descrición da viaxe:
O xoves 22 de madrugada saímos en
autobús dende A Guarda para chegar ós apartamentos en Toulouse cara as 10:30 da
noite.
O venres día 23 fixemos a
primeira visita, Aeroscopia, o museo aeronáutico de Blagnac, e os
hangares de fabricación do Airbus 380.
Despois de xantar no centro comercial urbano de Blagnac, fomos a Toulouse
para facer una visita durante a tarde ós monumentos mais salientables da cidade
o Capitole, a Iglesia de Saint Sernín e as beiras e pontes do río Garona.
A cea foi os dous días na Taverne Bavaroise no centro de
Toulouse.
O sábado día 24 o obxectivo principal da viaxe, a Citée de L´Espace (http://es.cite-espace.com/) instalación
adicada íntegramente á mostrar a historia da carreira espacial e a conectar ós alumnos coas últimas
novidades das viaxes ó espacio. A partires fdas cinco da tarde paso libre polo
centro de Toulouse e compras no enorme espazo comercial e peatonal da cidade.
O domingo 25 fixemos á volta , parando a xantar preto de Burgos e
chegando a A Guarda as 10:30 da noite.
E o luns, de volta a clase despois de vivir una estupenda experiencia
tecnolóxica, social e persoal.
O alumnado participante realizou 5 actividades
para recadar fondos para pagar a viaxe. Venta de productos navideños, rifas
dunha viaxe as capitales europeas, sorteo dunha viaxe a Cantabria (2 de maio),
sorteo dun lote de productos da Comarca dos Pirineos (nº premiado inicialmente 994 NON VENDIDO ) SORTEO DEFINITIVO 01/03/18 Nº PREMIADO 376 e sorteo de dúas tablets e un MP4 entre os alumnos
do instituto ( nºs premiados nº4 (2ª
reserva) Nº 254 (1ªreserva) Nº 276(tablet 2) nº283 (tablet 1) Nº 298 mp4.
Gracias a todos por colaborar.
A información da organización da viaxe foi recollida en :
donde logo publicaremos un pequeño vídeo, FOTOS DE GRUPO e una enquisa para os alumnos
participantes.
Comentarios
Publicar un comentario