saúdo dos profesores

Un saúdo dos profesores participantes. Este martes o Director do Instituto convocounos para comunicarnos que certas conductas de alumnos e alumnas durante a viaxe non lle parecían xustificables. En particular o feito da ferida nun dedo dunha nena e certo linguaxe sexista que se escoitaba as veces no autobús. Ambas cuestións están fora das normas do Instituto e deben ser aclaradas. Un aire de tristeza quédanos a todos cando se fai necesario aclarar estas cousas, que non deberían pasar,  e que violentan o ambiente festivo que debería ter este tipo e actividades.
En todo caso agradecer os pais e nais a confianza depositada nos profesores e nos seus fillos para que todo saíse ben.
Nos próximos días colgarei unha enquisa e un pequeno video da viaxe.
Javier.

Comentarios

Publicacións populares